No Lugar de Sartaxes (Castrelo), concretamente na liña de costa que vai entre Bico da Rá e a Praia das Saíñas (achégase fotografía de situación e de detalle) o concello comezou a construción dun muro de perpiaño de aproximadamente 35 m de longo. Como dita construción está directamente sobre a mesma praia e dentro do Espazo Natural Protexido, resulta preceptivo para a realización de dita obra, os correspondentes permisos do Servizo Provincial de Costas e do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. Debido ás características desta obra, dubidamos moito de que ámbolos organismos concederan o permiso pertinente para realizala e, segundo as informacións de que dispomos, trataríase dunha obra ilegal, o que o BNG considera un asunto moi grave. Considerariamos grave que unha Administración non dea exemplo ao cidadán, ao cal lle esixe todo tipo de permisos (“claro, diferentes segundo a cor política”) mentres ela os incumpre abertamente e tamén considerariamos inaceptable que o Concello non demostre a sensibilidade esixible para actuar nun entorno tan sensible como o referido.
SOLICITA: que a o BNG se lle respondan as seguintes preguntas e se lle conceda permiso para consultar o expediente referido a dita obra.
1.- Conta esta obra cos preceptivos permisos do Servizo Provincial de Costas e do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras? En caso negativo responda cal é a causa.
2.- Conta esta obra con algún tipo de permiso?
Estas dúbidas son frecuentes en torno a obras que se realizan en Cambados, normalmente son de achegados a o partido que desgoverna este Concello.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.