Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de octubre de 2013

MÁIS DATOS SOBRE ENCHUFES NOS OBRADOIROS DE EMPREGO






O alcalde, Luis Aragunde, e o delegado territorial da Xunta, José M. Cores Tourís, participaron esta mañá na apertura do curso da segunda edición do Obradoiro de Emprego Turismo Sostible, no que participan 20 alumnos-operarios baixo a dirección de Enrique Barreiro, que por certo xa foi director da anterior. Como se otorga esta praza?. E o resto de persoal docente?
Tanto o alcalde como o delegado pedíronlle a os seleccionados que traballaran con ilusión por contribuir a restaurar o patrimonio dos cambadeses, e por deixar a súa pegada nas obras que se vaian realizando durante estes seis meses de labor a prol de mellorar a imaxe do municipio cara o turismo que nos visita.
Os alumnos do obradoiro Turismo Sostible II formaránse nas accións de canteiría e xardinería forestal. O investimento da administración autonómica nesta iniciativa de promoción e fomento do emprego permitirá formar ó alumnado, así como acometer diversas obras de restauración no municipio durante 6 meses.

Durante o tempo de duración desta iniciativa, os beneficiarios traballarán na recuperación do patrimonio popular e na restauración e acondicionamento do lavadoiro de San Roque, ademais de recuperar a fonte do Pardiño e acondicionar a súa contorna, entre outros labores.
O alumnado ocuparase tamén de acondicionar e mellorar a senda fluvial na desembocadura do río Umia, e revalorizarase o espazo público do centro urbano, mediante a dotación de mobiliario novo, acondicionamento do parque infantil dos Olmos e dotación de elementos singulares de cantería. Ademais, avanzarán na adecuación sostible do castro de Sete Pías e no saneamento en Xesteira (Castrelo) e Tragove de Arriba (Corbillón).
Un total de 66 persoas desempregadas da comarca do Salnés beneficiaranse este ano de tres obradoiros de emprego, que foron concedidos pola Consellería de Traballo e Benestar. En concreto, disporán deste programa mixto de formación e emprego a Mancomunidade do Salnés, xunto cos concellos de Vilagarcía de Arousa e Cambados.

Os obradoiros facilitan ó alumnado unha formación que o capacita para ingresar con garantías no mercado laboral. O obradoiro de emprego denominado As Telleiras II, rematado en 2011, rexistrou un elevado nivel de inserción laboral, arredor do 70 por cento dos alumnos-operarios.
Pouca pouco este blog vaise enterando de cousas sobre a elección dos traballadores dos obradoiros.

 Certa persoa de Cambados,  da que non imos dar o nome, "enchufou" ou "facilitou contactos" a duas persoas, unha no anterior obradoiro e outra neste que comenzou hoxe. Dase a circunstancia que no primeiro caso a persoa levaba empadroada en Cambados un mes, máis ou menos. No caso da segunda destas persoas, non hai moito tempo que estivo nunha escola taller ou nun obradoiro algo que non podemos precisar nun cen por cen. Fáltanos saber si os contactos eran no Concello ou no Servizo Píblico de Emprego. Cando teñamos esta información compartirémola con todos vos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.