Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de octubre de 2013

DE FURANCHEIROS A CREAR UNHA MARCA DE VIÑOS PROPIA






Un grupo de adegueiros de Pontevedra, Poio, Marín, Vilaboa, Bueu, Cangas, Moaña e Redondela preparan os trámites para lograr a Identificación Xeográfica Protexida para os seus viños.
Condenados a vender os seus viños só nos furanchos, este colectivo intentou sen éxito a inclusión dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. Despois de anos de intentos, pechadas as portas do Consello Regulador, este numeroso grupo de viticultores e furancheiros decidiron recorrer a esta certificación que está avalada pola Comisión Europea para designar produtos, entre eles, os agrícolas.

O certificado permítelles legalizar as súas adegas, etiquetar e comercializar.
Esta mesma vía foi a saída para outros bodegueiros como os do Barbanza, onde conseguiron a Identificación Xeográfica fai xa seis anos.Por esa experiencia xa saben que a obtención deste selo de Identificación Xeográfica Protexida ten unha lenta e complicada tramitación.

Nos próximos días a Federación de Viticultores e Furanchos de Pontevedra celebrará unha asemblea para informar dos pasos administrativos que se completaron ata agora e os próximos que se van dar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.