Desenvolveranse nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Meis e
A Illa de Arousa entre o 14 de outubro e o 12 de novembro.
A Illa de Arousa entre o 14 de outubro e o 12 de novembro.
A comarca de Arousa acollerá nos vindeiros días 4 novos cursos de formación orientados ó persoal dos concellos, que teñen como obxectivo mellorar as competencias do persoal público e, en consecuencia, a eficacia e a eficiencia da xestión municipal.
Os cursos que se impartirán nos próximos días terán lugar nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Meis e A Illa de Arousa.
O primeiro deles comezará o día 14 e centrarase no "Urbanismo práctico: licenzas urbanísticas". Impartirase en Vilagarcía de Arousa ata o 22 de outubro, de tarde, os luns, martes e mércores.
O día 24 comezarán dúas novas actividades formativas que se estenderán ata o 31 do mesmo mes, tamén de tarde, de luns a xoves, ambos os dous incluídos. "Intervención en materia de venda ambulante" impartirase en Vilagarcía de Arousa, mentres que en Meis se desenvolverá o curso "Mantemento do céspede, árbores e plantas".
Finalmente, A Illa de Arousa acollerá o curso "Solicitude, tramitación e xustificación de subvencións", do 4 ó 12 de novembro, os luns, martes e mércores.
A estes cursos hai que sumar o que xa tivo lugar en Vilanova de Arousa sobre o rexistro telemático.
| Mi tesoroorooo!!! |
Ademais destes cursos impártense outros en diferentes puntos da provincia e 12 cursos en liña.
Entre as materias que abordan as accións formativas programadas están: a xestión de ingresos públicos na facenda local; información e atención ó público; actualización de coñecementos sobre diferentes leis e normativas; programas informáticos (AutoCad, Paquete Office…); recursos humanos; seguridade e saúde laboral; contratos no sector público; tramitación de expedientes; administración electrónica; transparencia e bo goberno; prácticas ambientais; novos métodos de diagnose e identificación de bacterias fitopatóxenas, manexo de praguicidas e tratamentos fitosanitarios; nóminas e seguridade social; o procedemento administrativo común; redacción de documentos administrativos; tráfico e seguridade viaria; venda ambulante, entre outras.
O programa vai orientado a o persoal da Administración local de todos os concellos da provincia que se adheriron a el (57 en total), entre os que se atopan, nas comarcas de Arousa e Caldas, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Moraña, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valla, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.