Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de octubre de 2013

COMUNICADO DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS






Os mozos e mozas socialistas anunciaron a súa presenza na mobilización prevista para esa data ás 12 na Alameda de Compostela así como para a mobilización prevista ás 19.30 en Vilagarcía. 
O Secretario Xeral, Ismael Agra, asegurou que “o Goberno sobrepasou todos os límites en materia educativa desmantelando a educación pública e aprobando a LOMCE de maneira unilateral” 

As Xuventudes Socialistas de Cambados anunciaron hoxe o seu apoio á folga e ás mobilizacións convocadas para mañán xoves 24 de outubro despois de que as XSG desenvolvesen a súa actividade nesta materia nas últimas semanas na procura de mobilizar ao estudantado en institutos e universidades. 

O Secretario Xeral e Secretario de Formación das XS Galicia, Ismael Agra, asegurou que “xa non se trata de pedirlle ao Goberno que retire a LOMCE e remate cos recortes en educación, trátase de mobilizarse para dicirlle que a maioría non pensamos coma el”. “É unha vergoña que Wert saque peito das súas reformas mentres 25000 estudantes quedaron sen beca e máis de medio 
millón deixaron de recibir axudas para os libros de texto”. 


Agra cualificou a LOMCE como “unha contrarreforma educativa do Partido Popular que nos devolve ao pasado franquista, implantando de novo as reválidas, outorgándolle máis peso á materia de relixión católica e eliminando Educación para a Cidadanía”. 

Dende a organización xuvenil salientaron que “esta reforma educativa rompe o equilibro lingüístico que máis consenso obtivo e relega a nosa lingua a un segundo plano”. “É ilóxico que as institucións se vexan obrigadas a custearlle a praza nun centro privado ao alumnado que solicite o ensino íntegro en castelán fomentando un conflito lingüístico con diñeiro público”. 

Para as Xuventudes Socialistas de Cambados “é un disparate que dende que goberna o PP o orzamento en educación estatal atópase retallado en máis de 5.200 millóns de euros, deixándonos á cola da OCDE en inversión educativa.” “Como víñamos denunciando os socialistas, hai 24.500 estudantes que se quedaron sen bolsas o pasado curso, o que debería avergoñar ao PP.” 


Os mozos e mozas socialistas remataron afirmando que “asmobilizacións serán un éxito e non rematarán este xoves, xa que seguiremos loitando por unha educación pública de calidade e sen recortes na que a equidade siga sendo o principio imperante”. 









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.