Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de octubre de 2013

A VENDIMA REMATA CON 33 MILLONS DE QUILOS DE UVA E UNHAS PERLAS DA CONSELLEIRA




Nun alarde de confraternización coas grandes adegas as declaracións de Rosa Quintana téñense que tomar como boas palabras cos adegueiros e a os viticultores que lles den.

A guinda foi decir que "no futuro os viticultores deben ser xornaleiros das adegas, traballarán as terras a cambio dun salario". Eso será cando pensen, adegas en pagar conforme se debe pagar e non como elas queiran. 
O dito Rosa Quintana e conselleira para os patróns y empresarios, nunca para os traballadores.


Para dar saída a esta produción, a Consellería do Medio Rural anunciou que o vindeiro ano se incrementarán as axudas á exportación de viños galegos.

A Xunta incrementará no presuposto de 2014 as axudas para a intenacionalización de viño. Así o indicou a conselleira do Medio Rural Rosa Quintana na visita que realizou a tres cooperativas vitivinícolas do Salnés. 
A conselleira recolleu a satisfacción das adegas polos resultados desta vendima na DO Rías Baixas, que se dá xa por rematada con cifras que roldan os 33 millóns de quilos de uva e da que se espera un viño de altísima calidade. 

Ante as críticas do sindicato Unións Agrarias de que algunhas adegas non recolleron toda a uva, a conselleira indicou que non lle consta que iso acontecera. Tampouco considera Quintana que a uva se estea a pagar a mal prezo. A conselleira avogou por un traballo conxunto do sector para que os beneficios redunden en todos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.