Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de septiembre de 2013

O "RABISO" UN DEPORTISTA MULTIDISCIPLINAR.




Xa sabíamos que a o "Rabiso" lle gusta o deporte. Nos seus anos mozos xogou a o fútbol, no instituto Cabanillas tamén practicou o baloncesto, máis por altura que por habilidad, despois a bicicleta do que é un gran apaixoado e outros deportes. Pero agora dalle tamén a o Surf. Ten duas boas ferramentas para aproveita o vento. 

Quen pagou os traxes que se puxeron onte?  Coma sempre quedaremos coa incógnita. 
Queremos pensar que llos deixaron, así como as táboas. 
Como lle gustan as cámaras, i eso que non é nada fotoxénico. Pero el "pa`diante".


A praia da Lanzada acollerá desde hoxe día 19, ao 22 de setembro o Campionato Junior de Surf nas categorías feminina e masculina. É o primeiro dos froitos da colaboración entre a Diputación Provincial e os clubs de surf da provincia, co obxectivo de situar a Pontevedra como un referente para o turismo de surf, así o destacou o presidente da Diputación Rafael Louzán, que onte visitou a praia da Lanzada con motivo do "bautismo de mar", acompañado da deputada provincial, Begoña Estévez; e o alcalde de Ou Grove, Miguel Pérez.


Logo da visita das instalacións dispostas para o evento, Rafael Louzán e os demais asistentes recibiron as pertinentes explicacións técnicas a cargo de Marcos Rodríguez, director da organización do Campionato Internacional de Surf, e trasladáronse á Escola de Surf Prado para equiparse con neopreno e táboa para surfear. 


A través dos diversos instrutores, tanto o presidente con Begoña Estévez e Miguel Pérez aprenderon a situarse, erguerse e realizar pequenas manobras de principiante neste deporte, e pasaron á posterior toma de contacto na que mostraron que a lección estaba aprendida conseguindo poñerse por si sos encima da táboa e surfear as súas primeiras olas. Eso sí cun estilo particular.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.