O B.N.G. de Cambados na sua loita por saber a realidade oculta ou escura do Concello segue a pedir papeis que o PP evita por todos os medios facer públicos.
O grupo municipal do BNG, como parte da corporación municipal do Concello de Cambados ven de solicitar que a Alcaldía permita aos concelleiros do grupo político consultar os seguintes expedientes municipais e que ante as esixencias horarias debido aos nosos deberes laborais, se nos conceda flexibilidade horaria nas consultas solicitadas :
1.- A documentación relacionada coa factura nº 049/2012 emitida polo avogado, J. Carlos Palmou Cibeira, por importe de 21.649´79 € en concepto de honorarios polo procedemento ordinario nº 8024/2007, que segundo a Intervención Municipal, supera o límite do contrato menor, polo que debeu ser tramitado.
| J. Carlos Palmou ( oh!! casualidade, fillo de Jesús Palmou) primeiro pola esquerda. |
2.- O expediente relacionado co Procedemento xudicial Abreviado nº 238/2012 sobre a condena ao Concello de aboar a cantidade de 8.345´04 € en concepto de responsabilidade patrimonial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.