Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de septiembre de 2013

LOUZÁN PRESUME DA "VUELTA A ESPAÑA" E DE CIFRAS POUCO RELATIVAS A ECONOMIA





O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, entregoulle o testemuño do inicio da Volta a España ó presidente da Deputación de Cádiz, José Loaiza, o pasado domingo en Madrid. O simbólico acto produciuse no podio final da edición da Volta a España 2013, que gañou o ciclista Chris Horner.

Louzán pasoulle o testemuño a Loaiza xa que a provincia de Cádiz acollerá –como aconteceu en Pontevedra nesta edición de 2013–as tres etapas iniciais da Volta 2014. En concreto, a saída oficial da carreira será unha proba contra o reloxo individual que terá lugar no circuíto de velocidade de Jerez de la Frontera.
Un lugar máxico
O director xeral de Unipublic manifestou no acto de entrega do testemuño de Pontevedra a Cádiz que "La Vuelta 2014 empieza esta tarde. Necesitamos un lugar mágico, como fue Pontevedra en esta edición de 2013, un lugar que cuente con playa, montaña, buenos recorridos y una gran salida, y para ello la provincia de Cádiz reúne todas las condiciones".
Repercusión nos medios de comunicación. 200 xornalistas de 252 medios
Pola súa banda, Louzán lembrou que as catro etapas da Volta 2013 na provincia ocuparon 360 minutos (6 horas) de retransmisión en directo tanto por TVE coma polas canles de televisión de 178 países que tiñan os dereitos. "En 59 países de Europa, 49 de América, 18 de Asia e o resto de África e Oceanía, a través de Supersports, a provincia de Pontevedra promoveu os seus atractivos e recursos, en directo, durante 6 horas, así que mellor promoción, imposible", manifestou Louzán.

A esa repercusión nos medios de televisión das catro etapas da Volta 2013 en Pontevedra hai que sumarlle, segundo explicou Louzán, que "en cada unha delas acreditáronse 200 xornalistas –dos cales 100 eran de medios internacionais– pertencentes a 252 medios".
En estudo a participación de Pontevedra para o 2014
Outras repercusións da Volta en Pontevedra nos medios foron a retransmisión por Teledeporte, durante unha hora, da presentación da carreira en Vigo; os 500 pases dun anuncio de promoción da Volta, das Rías Baixas e do Mexi-Llón, que TVE emitiu durante xuño, xullo, agosto e setembro; a gala de presentación dos equipos, retransmitida por Teledeporte durante unha hora desde A Toxa; e a emisión, durante as dúas semanas anteriores ó inicio da carreira, dun anuncio de promoción en TVE en formato de 45, 30 e 20 segundos.
No acto celebrado no podio da Volta 2013, na praza de Cibeles, en Madrid, Louzán entregoulle ó vencedor, Chris Horner, un dos premios da clasificación e explicou que se estaba a estudar a participación de Pontevedra na edición de 2014.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.