Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de septiembre de 2013

ARRANCA A VENDIMA 2013






Chega o día que adegas e viticultores marcaran en vermello no calendario. Comeza oficialmente a vendima en Rías Baixas. Aínda que algunhas zonas do Baixo Miño adiantáronse xa un par de días, este luns empezan os traballos na práctica totalidade da denominación de orixe. Fano en moitos casos cos traballos previos de preparación. Agárdase que o mércores comece a chegar o groso das uvas ás adegas.

Rías Baixas calcula que esta será unha vendimia "abundante e de boa calidade" e espera recoller entre 30 e 35 millóns de quilos de uva, cun rendemento medio por hectárea para a variedade albariño entre 8.000 e 9.000 quilogramos.
Nesta campaña traballarán máis de 10.000 persoas que estarán implicadas no traballo de recollida e tratamento da uva. A D.O. Rías Baixas estima que durante a vendima contrataranse entre 2.000 e 3.000 xornaleiros. A esta cifra hai que sumar os viticultores inscritos, que o pasado ano foron 6.714 viticultores e 180 adegas, segundo os datos do Consello Regulador desta denominación de orixe. Entre os traballadores atopámonos con parados, principalmente, pero tamén pensionistas e traballadores en activo que queren completar con estes cartos extra as mermadas nóminas e ingresos.

Se non chove durante os próximos días, prevese unha colleita "longa e escalonada", segundo apuntan desde o Consello Regulador, para axudar a que a uva chegue en óptimo estado de maduración. A ausencia de precipitacións no verán fixo que, nalgúns casos, a fase de maduración, coñecida como envero, producírase con certa "irregularidade". Destacan en todo caso que "o estado sanitario da uva é moi bo" ao non terse visto afectado, engaden, por ningunha praga destacable.

Con toda a uva recollida, Rías Baixas espera poder comercializar este ano entre 20 e 22 millóns de litros de albariño.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.