Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de agosto de 2013

O CONCELLO CHAMA OBRA A UNS PEQUENOS ARRANXOS


Dende o Concello venden motos(xa parecen un taller de compra-venta), e a última refírese a o arranxo que están a facer no cruce da estrada de Vilariño  co camiño de Burgáns. En resumo, pintar un paso de peóns eliminar parte dun aparcamento e iluminar mellor a zona convérteno nun obra digna de ensinar a o mundo. O dia que fagan algo de valor...............
 
Non negamos que sexa necesaria, que o é, pero para facer iso pasaron meses i escritos no Concello por parte dos veciños. Cando a cousa sexa de maior envergadura.....canto haberá que agarda? 
Así o venden dende o Concello:


A empresa contratada pola Xunta comezou os labores de pintado dun novo paso de cebra fronte ó bar Vilariño, situado preto do cruce da estrada que percorre o núcleo principal da parroquia coa que conduce ao lugar de Burgáns.

Trala solicitude oficial do Concello, a Axencia Galega de Infraestruturas, da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, dicataminou o inicio dos traballos que mellorarán a seguridade vial no cruce de Vilariño cara a Burgáns no que se viñan producindo accidentes de tráfico con relativa frecuencia.
Entre as modificacións que se levarán a cabo non só se vai dotar este novo paso de cebra, senón que tamén está previsto eliminar o aparcamento na esquina da cafetería Vilariño; incrementar a potencia da iluminación na estrada, e instalar sinais de precaución nas proximidades do cruce.

Nesta zona semiurbana a velocidade máxima permitida está limitada ós 50 quilómetros por hora, límite que en moitos casos non é respectado polos condutores.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.