Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
13 de agosto de 2013
NOVO COMUNICADO DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS POLA POLÉMICA DO XANTAR EA ESTUDANTE DE PERIODISMO DE N.N.X.X.
Continúa a polémica coa xoven estudante de periodismo e militante do PP, Laura Portas. O peor é que ninguén do PP fala, algo normal despois de ver que o seu gran "lider" Rajoy fai o mesmo sobre Bárcenas.
A continuación podedes leer o comunicado dos xóvenes socialistas cambadeses.
As Xuventudes Socialistas de Cambados esiximos que tanto as Novas Xeracións como o Partido Popular tomen medidas ante as ameazas recibidas Ismael Agra por parte dunha dirixente súa.
Ismael Agra afirma que ‘’o Partido Popular de Cambados está calado mentres unha militante súa ameaza telefonicamente ao Secretario Xeral das XSG Cambados por ter denunciado que ela mesma, militante coñecida do PP cambadés, presentou a Gala do Albariño’’. Ademais asegura que ‘’ela mesma recoñece que lle pediu a Luis Aragunde presentar a Gala e este lle dixo que si, así sen máis’’.
O Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Cambados afirma que aparte de recibir ameazas nesa chamada telefónica, a directiva das Novas Xeracións do PP recoñeceu que os seus compañeiros das Novas Xeracións do Partido Popular acudiron convidados ao Xantar da Festa de Albariño, dicindo ‘’yo no voy a negarte eso, sé lo que hay’’.
Ismael Agra conclúe aclarando que ‘’en ningún momento me pediu disculpas por terme ameazado por teléfono como se está afirmando en algúns medios, polo que se o Partido Popular non se desvincula, serán cómplices das súas palabras’’.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.