O Venres 23 teremos en directo no RIF ROCK ó ourensán DAVID R. VALEIRAS, por suposto da man de Comomepos Produccións, a nosa cacharrería cultural favorita!!"Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo (isto último está por ver...). De verborrea incontrolable e serio semblante, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. I é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos".
Retorcido, incisivo e divertido. Se estivéchedes no seu concerto do ano pasado seguro que repetides, e senón, non vo-lo perdades!!
E por se fora pouco, ó remate do concerto, o productor Comomepos, tomará os mandos da cabina do Rif-Rock unha vez máis para ofrecernos unha das súas sesións ata o final da noite. Non se pode pedir máis para un venres!!
Lembrade, será o próximo Venres 23 de agosto, coma sempre dende as 23:30h. e con entrada libre.
E o Sábado 24 o debut de CHIEF BROMDEN na cabina do Rif-Rock, como convidado de luxo dunha nova entrega da serie "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
Máis info en: http://

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.