A continuación podedes ver o resumo da Feira Ecological ofrecido polo Concello e Gestievent. As matizacións son feitas por nos.
A organización da feira Ecological Galicia, que pechou as portas o domingo, ofrece un balance moi positivo, como non, desta primeira edición na que se achegaron máis de 5.000 clientes potenciais facendo efectivas máis de dúas mil compras individuais, un aval moi importante para empezar esta nova andaina. O bo tempo e mailas gañas de praia non impediron que moitísima xente se dera cita no recinto do paseo da Calzada durante as catro xornadas que durou a feira ecolóxica para coñecer in situ e probar os productos que os 50 expositores se afanaron en ofertar ó público.
Un gran número de propietarios de establecementos especializados neste tipo de productos, e tendas tipogourmet, amosaron interese nos stands da feira por conseguir actualizar os seus stocks con novas mercadorías ecolóxicas, algunas das cales ainda non as coñecían. Por iso, ó peche da feira os expositores suliñaban a súa satisfacción en canto a número de vendas pero tamén no referente a contactos, que lles permitirán pechar outros negocios nos vindeiros días.
A firma organizadora Gestievent quixo amosar o seu agradecemento sobre todo as 50 empresas e aos seus representantes nesta primeira edición que decidiron apostar polo obxectivo común da concienciación ambiental e a promoción do uso e consumo de productos ecolóicos. Tamén expresaron a súa satisfacción polo apoio recibido tanto do Concello como da Xunta de Galicia.
Tanto o Concello como a firma organizadora do evento consideran que o paseo da Calzada é un espazo ideal para acoller este tipo de feiras debido a súa centralidade e mais á cantidade de visitantes que acuden nos meses de verán. A Xunta de Galicia incrementou de xeito espectacular as medidas de apoio a este sector nos últimos dez anos, e no futuro a administración autonómica quere seguir apostando polos produtos ecolóxicos, os cales cada vez adquiren un auxe maior porque os mercados aumentan notablemente a súa demanda. Quen non quere apostar por enerxías limpas presentes na feira é o ministro Soria que quere cobrarlle a os particulares que invisten en paneis solares pola enerxía sobrante. As empresas instaladoras de paneis amósanse moi disgustadas pois ese canon vai restar xente que aposte por algo que lle vai costar cartos cando antes aínda podían quitar un pequeno beneficio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.