Tratábase dunha das noites máis agaradas en Cambados, dentro da presente edición da XVI Festa do Albariño que conseguía que centos de persoas se achegasen ata a Praza de Fefiñáns para ver unha reunión con tres protagonistas moi populares, os cantantes eurovisivos Karina e David Civera, que compartían escenario con Chenoa.
Os tres conseguiron que os asistentes bailasen e gozasen dunha noite moi agradable na vila cambadesa. Chenoa comezou a súa intervención en formato acústico co tema Todo irá ben e tras o concerto colgou unha fotografía sacada dende o escenario no seu twitter oficial.
LA FOTO! Gracias Cambados Galicia! Un besazo.https://t.co/wINUbFeRZy🍀🌹pic.twitter.com/GeqbD20VKh
Na gala tamén se elixiron as Raíñas do Albariño saíndo elixidas Ailén Araújo Valiente, de sete años veciña de San Tomé, como raíña infantil, e Andrea Fernández Toledano, de 17 años e veciña de Corvillón, como raíña maior.
Esta noite, a Festa do Albariño acolle a actuación dos grupos Escuchando Elefantes, Cornelius e Sidonie a partir das 23 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.