Como cada ano, segundo o alcalde, unha programación ambiciosa e orientada a todos os públicos e tendencias darase cita na Capital do Albariño, así pois, concertos, actividades formativas, culturais, deportivas e lúdicas terán un protagonismo especial na decana das festas enogastronómicas de España.
Xunto co Alcalde o debuxante Eduardo Baamonde, cambadés de adopción, tamén presentou o cartel desta 61 edición cun aire colorista, menos institucional e máis festivo inspirado en aspectos fundamentais da vida cambadesa como son o mar, o campo o patrimonio e a Festa do Albariño.
Coma sempre inclúe todas as festas ou eventos que se celebran en Cambados aínda que non teñan nada que ver co Albariño.
-CONCERTOS do: ALBARIÑO
ROI CASAL EN CONCERTO (31 XULLO).
GALA DO ALBARIÑO. CHENOA, DAVID CIVERA E KARINA EN CONCERTO (01 DE AGOSTO).
ESCUCHANDO ELEFANTES, CORNELIUS E SIDONIE, EN DIRECTO (02 AGOSTO).
ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS E JULIETA VENEGAS, EN CONCERTO (03 AGOSTO)
O ALBARIÑO DOS MÁIS PEQUENIÑOS: SHOW DOS BOLECHAS (DOMINGO 4 AGOSTO).
Noutro momento publicaremos si nos apetece o calendario total de festas de CAMBADOS, de todas as festas, fora do calendario albariñense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.