Así se nos presenta dende a páxina web oficial, pagada cos nosos cartos, do Concello de Cambados o calendario de festas e actividades varias a celebrar durante o verán. Presentouse onte 12 de xullo e algunhas xa se celebraron.
Tamén se vota en falta algunha como a festa de Castrelo con cubatas a un euro na que o Concello participou pero como as queixas foron abundantes non queren agora presumir desa colaboración. Dentro duns dias sairá o libriño no que o único que fai o concello son festas durante todo o verán.
Como veredes nalgunhas das festas o Concello pouco ten que ver agás que colabora poñendo un palco, prestando un local e dando permisos.
Algúns cambadeses botarían "sapos e culebras pola boca" si algún concello veciño se lle dira por meter todas as actividades que hai nesa vila no mesmo lote que a festa a o seu glorioso patrón.
Dende aquí pedimos a o alcalde e acólitos que diferencien entre as festas do albariño e o resto de festas e actividades. Parecen apropiarse do traballo das comisións de festas, algunhas delas a o servicio do Concello.
O ALCALDE PRESENTA O PROGRAMA E O CARTEL DA 61 FESTA DO ALBARIÑO DESEÑADO POR EDUARDO BAAMONDE
O AL
Como cada ano unha programación ambiciosa e orientada a todos os públicos e tendencias darase cita na Capital do Albariño, así pois, concertos, actividades formativas, culturais, deportivas e lúdicas terán un protagonismo especial na decana das festas enogastronómicas de España.
Xunto co Alcalde o debuxante Eduardo Baamonde, cambadés de adopción, tamén presentou o cartel desta 61 edición cun aire colorista, menos institucional e máis festivo inspirado en aspectos fundamentais da vida cambadesa como son o mar, o campo o patrimonio e a Festa do Albariño.
-CONCERTOS:
OPEN AIR DE MÁXIMA FM. XIRA NACIONAL CON 3 DJ´S, GO-GOS E PERFORMANCES (20 XULLO).
ROI CASAL EN CONCERTO (31 XULLO).
GALA DO ALBARIÑO. CHENOA, DAVID CIVERA E KARINA EN CONCERTO (01 DE AGOSTO).
ESCUCHANDO ELEFANTES, CORNELIUS E SIDONIE, EN DIRECTO (02 AGOSTO).
ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS E JULIETA VENEGAS, EN CONCERTO
(03 AGOSTO).
O ALBARIÑO DOS MÁIS PEQUENIÑOS: SHOW DOS BOLECHAS (DOMINGO 4 AGOSTO).
ACTUACIÓNS MUSICAIS:
Festival Con de Xido (xuño). Mostra da Canción Mariñeira (18 xullo). Festival Folclórico da Vieira (19 xullo). Curso de Piano a cargo de Olga Baranova e Yuri Popov (20-21 xullo). Omar Percussion Group (1 e 2 agosto). Charanga Os Rouba Bicos
(31 xullo e 1 agosto). Charanga Os Jaláticos (2-3 agosto). Xuntanza de Coros Xuvenís (18 agosto). Concerto Anos 60 e 70 do Coro Xuvenil Clave de Sol (23 agosto). XI Festival folclórico Xironsa (31 agosto). Concertos da Banda de Música de Castrelo e outras.
EVENTOS NOVIDOSOS:
I FEIRA ECOLOGICAL GALICIA: Exposición, xornadas de formación e venda de produtos ecolóxicos galegos (16 ó 18 agosto). FESTIVAL PROXECTA 2013, con proxección de fotografías de fotógrafos internacionais (17 agosto, Fefiñáns). Mercadiño PROXECTADO para profesionais e amadores da fotografía.
VUELTA CICLISTA A ESPAÑA. Paso da espectacular 1ª etapa contrarreloxio por equipos (23 agosto). EXPOSICIÓN ó aire libre de fotos de ciclismo: Tour de Francia e Vuelta a España (agosto).
ACTOS SOCIAIS e PROMOCIONAIS:
II XORNADA TÉCNICA e de Exaltación dos Produtos do Agro do Salnés (14 xullo).
SHOWCOOKING con Yayo Daporta e Tonino Botana.
EXALTACIÓN DA VIEIRA a cargo de Luis del Olmo (20 xullo).
IRMANAMENTO do ALBARIÑO coa Cofradía de Amigos de la Viña y del Vino de Baena-Córdoba (3 agosto, Torrado).
VI FEIRA de ARTESANÍA e COMERCIO (10-11 agosto).
VIII Encontro Internacional de PALILLEIRAS (11 agosto).
III XUNTANZA de CETREIROS, organizada pola Asoc. Galega de Cetrería (21 xullo, Torrado).
“MOTOS VELLAS DO SALNÉS” Concentración (11 agosto).
TUNEL PROFESIONAL DO VIÑO, organizado polo Consello Regulador (Catas en salón Peña dende o 1 de agosto).
EXPOSICIÓN RIAS BAIXAS “Vino del Mar”, organizado polo Consello Regulador (26 xullo, en Peña).
ACTOS INSTITUCIONAIS:
Elección da Raíña e Damas do Albariño (Fefiñáns, 28 xullo).
Gala do Albariño coa entrega dos premios Folla de Prata con Albariña de Ouro (1 de agosto).
Irmanamento do Capítulo Serenísimo do Albariño con Amigos de la Viña y el Vino de Baena.
Catas do Concurso dos Viños: Prima e Derradeira (3-4 agosto).
Proclamación de Cabaleiros e Donas, no Patio de Armas do pazo de Fefiñáns (4 agosto).
Xantar e Pregón do Albariño, no Parque de Torrado (4 agosto).
ACTOS CULTURAIS:
Exposicións principais (4). Exposición Facultade de Belas Artes Pontev. (Pazo Torrado, ata 21 de xullo).
Exposición Fotografía “Mil Rios” (Exposalnés, 10 xullo-11 agosto).
Mostra “Premio Fotojornalismo 2012-Estaçao Image Mora”
(Torrado, 17 agosto a 22 setbro.).
Exposición Fotográfica sobre Ciclismo: “Paisaje desde el Arcén”, de Francis Tsang (Rúas Real e Príncipe,18 agosto a 6 setembro).
Presentación da Asociación Francisco Asorey (2 xullo). Feira Medieval Pontearnelas (12-14 xullo). Rastro de Antigüidades (28 xullo, A Calzada). Curso de Verán da UNED. Curso de Verán UIMP (xullo).
ACTIVIDADES INFANTÍS:
Campamentos Urbáns. Clases Tenis de Mesa. Contacontos. Cursos de debuxo e pintura, artes marciais. Taller Banda Deseñada. Taller de Xadrez. Ludotecas e Obradoiros. Xogando cos ordenadores e actividades nos centros culturais das parroquias. Idiomas: Inglés e Francés. Taller DIY (Faino ti mesmo), un toque persoal. Animación con inchables.
Albariño dos máis Pequeniños: “Show dos Bolechas” (4 agosto).
Rutas e EXCURSIÓNS: Excursión a Aquapark de Cerceda (25 xuño). Sendeirismo.
(En total participan máis de 1.500 escolares).
CINE NA RÚA:
Parque de Torrado. Proxección de: “Piratas” (23 xullo). “Hotel Transilvania” (20 agosto). Animación infantil.
COMPETICIÓNS DEPORTIVAS:
Carreira Popular. Escola de Verán de Vela. BTT. Milla Urbana. Torneo Internacional de Xadrez. Motonáutica. Ergómetro Kayak. Trofeo Ciclista. Torneo Baloncesto. Trofeo Vila de Cambados Fútbol. Trofeo do Albariño Fútbol. Piragüismo. Tenis (2 torneos). Tenis de Mesa. Rally do Albariño. Iniciación ó Golf. Natación-Waterpolo, e Regata de Dornas a Vela. (Participan máis de 1.400 deportistas).
FESTAS:
Relixiosas: San Telmo, San Cristóbal, San Benito, San Antonio, O Carme, Santa Mariña, Santa Margarita, San Roque, Romaría A Pastora, San Mamede, Os Dores e A Valvanera. Laicas: Albariño, Exaltación da Vieira, Festa do Xurel e da Xuventude (Vilariño). Festa dos Fideos con Ameixas, da Xuventude e da Colleita en Castrelo.
VERBENAS:. Orquestras: 34. Bandas de Música: 10. Actuacións Folclóricas: 12. Grupos en Concerto: 10
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.