Un veciño de Cambados resultou ferido e tivo que ser trasladado ao Hospital do Salnés tras sufrir un accidente laboral no porto de Tragove, en Cambados.
O accidente rexistrouse mentres o traballador se encontraba nun vehículo articulado e, por motivos que se descoñecen, o remolque ou gabarra do camión se inclinou e o home caeu ao chan.
Co impacto, golpeouse na cabeza, de aí que o home que pertence a familia propietaria e que responde a o nome de Andrés Cacabelos , requirise asistencia sanitaria e fose trasladado en ambulancia ao Hospital do Salnés.
Fontes sanitarias teñen confimado que pasadas as 12.30 horas seguían realizándolle probas radiolóxicas e carecían de diagnóstico do paciente. Pasadas as 14.30 horas determinouse que o seu estado é grave por unha fractura nun pulso e un traumatismo craneoencefálico. Quedará en observación, pero non se teme pola súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.