O presidente da Deputación, Rafael Louzán, salientou este martes que o centro de A Lanzada seguirá dispoñible para novos obradoiros de hostalería.
Para Louzán hai "absoluta compatibilidade " entre o uso do centro de A Lanzada como aloxamento no marco do programa Pousadas do Salnés e como aula de formación para os obradoiros de hostalería, asegurando que estas instalacións "estarán dispoñibles para próximas edicións desta iniciativa de emprego", que a Mancomunidade xa volveu a solicitar.
Louzán participou este martes no acto de clausura dos cursos do obradoiro Hostalería do Salnés IV xunto coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; o presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán; e o alcalde de O Grove, Miguel Ángel Pérez, que destacaron o éxito destes obradoiros, que xa acadan a cuarta edición.
Trinta e seis alumnos recibiron o seu diploma de cociñeiro, camareiro de restaurante-bar e camareiro de planta.
O presidente da Deputación felicitou a alumnos e profesores e amosou o seu desexo de que esta iniciativa teña continuidade en anos vindeiros, co obxectivo de darlle unha oportunidade de formación cada día a máis persoas.
Cunha duración de 6 meses e 8 horas diarias de clase, os alumnos recibiron formación teórica e práctica en cada unha das especialidades, así como clases de orientación laboral, iniciación á informática, idiomas, prevención de riscos laborais, sensibilización de xénero, concienciación medio ambiental e manipulación alimentos, entre outras materias transversais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.