Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de junio de 2013

AS PRESIÓNS DAN OS SEUS FROITOS POR MOITO QUE O NEGUEN DENDE A XUNTA





A Consellería de Educación manterá abertas o próximo curso todas as escolas unitarias que conten con 6 alumnos matriculados.
A nova estase a celebrar na comarca de O Salnés, onde estaban en perigo as escolas unitarias de Solobeira e Pedroso, en Vilagarcía, a de Covas, en Cambados, e a de Xil, en Meaño.
A Xunta fixo público un comunicado no que sinala que diante de posibles cambios nos datos de matriculación, a Consellería advirte que a cifra de escolas unitarias que finalmente haxa que suprimir –que incluso pode ser menor á existente a día de hoxe-  coñecerase coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia no mes de agosto.
Igualmente, a Consellería quere chamar a atención a respecto de que, "como todos os anos, quedaron desautorizados os agoiros dos diferentes colectivos que certificaron a desaparición de escolas que van continuar abertas".
Segundo dí a Consellería no seu comunicado "trátase de organizacións interesadas en politizar o ensino, e en crear innecesariamente alarma, malestar e tensión onde non existe, para despois atribuírlle ás súas mobilizacións o feito de que os centros continúen co seu labor docente, continuidade que lonxe de deberse ás súas reivindicacións resulta da simple aplicación dun mesmo criterio de matrícula nos últimos catro anos".
Por eso tardaron tanto en respostar as dúbidas que eles mesmos sembraron na comunidade escolar de esas escolas!
Queremos recordarlle a Consellería que os únicos que crean malestar e dúbidas nos cidadáns, son eles coa sua política e que si os pais e nais e os partidos da oposición non se mobilizaran esta historia remataría de outro xeito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.