Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de febrero de 2013

PRESUPOSTOS PARA 2013 EN CAMBADOS




Os datos que aparecen a continuación son os expresados polo Governo Local do PP en Cambados. Gastar un 40% do presuposto a o persoal pareceríanos ben se fosen ben empregados pero a vista está que pagan demáis, si temos en conta que moitos empregados cobran por estar e non por facer(asesores, técnicos etc). As partidas do 2012 dirixadas a entidades coma Anpas non foran aínda ingresadas a principios deste mes de febreiro, ou polo menos a algunha que eu sei.
Eso sí rebaixan menos dun 5% o adicado a festexos. Felicitacións sr. Aragunde


O orzamento do Concello de Cambados para este ano ascende a 8.485.316 euros, 189.000 euros por encima do exercicio anterior. Como é habitual, a partida de gastos máis alta é a destinada a retribucións de persoal, con 3,6 millóns de euros. Segundo informa o goberno local, as partidas dirixidas a entidades culturais e deportivas, así como as de atención social mantéñense respecto ao exercicio anterior e aumenta en 18.000 euros a partida destinada á reparación, conservación e mantemento de vías públicas,visto como está Cambados paréceme que moi mal empregados (as fotos falan por sí soas) ademais doutros 60.000 euros pola subida de gastos de enerxía de iluminación pública. Entre as partidas que baixan figuran as dedicadas a festexos, pasando de 260.000 a 250.000 euros e o nivel de débeda mantense nun «razoable» 50 % de capacidade de endebedamento, «moito menor que outros concellos», segundo explica o goberno cambadés. Desde o Concello destacan a «política de austeridade» que rexerá a xestión municipal no 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.