Nesta comunicación oficial, Méndez Ferrín fai constar a súa renuncia como presidente da institución académica, que se formalizará nun próximo pleno "en breve" no que tamén renunciará á súa condición de membro numerario.
Ferrín traslada o seu agradecemento na súa misiva "a todos os membros da Executiva" da RAG, a cuxa "intelixencia, superior cultura e desinteresada entrega" debe "as obras, éxitos e conquistas" do seu período á fronte da institución.
Así mesmo, valora "de modo especial" a "dedicación sacrificada" do secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, e traslada os seus "sentimentos fraternais" a "a maioría dos académicos e académicas", pola súa "lealdade institucional e cooperación eficiente".
"No entanto", aclara a continuación, outros académicos "unidos a persoas externas" fixéronlle sentir que non ten "sitio" na RAG. "Porque os seus esforzos, finalmente coroados por un éxito completo, tiveron a virtude de facerme ver a tempo onde debo estar e onde non debo estar nos poucos días que me resten de vida".
A misiva de renuncia como presidente da RAG de Xosé Luís Méndez Ferrín conclúe cunha 'Viva e floreza a Academia Galega!' seguida de 'Viva Galicia ceibe!'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.