Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de febrero de 2013

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS PREGUNTAN A LUIS ARAGUNDE




A portavoz dos Socialistas de Cambados, Fátima Abal, levará a o vindeiro pleno as seguintes preguntas agardando unha pronta contestación por parte do equipo de Governo e unha solución satisfacctoria.


1.- Cales son as zonas do Concello de Cambados que aínda a estas alturas, e despois de centos de plans anunciados e requeteanunciados, están sen alcantarillado e sen auga da traída?

2.- Vaise proceder á limpeza ou ó facer requerimento ós propietarios para que o fagan, da finca sita na  Rúa Celso Emilio Ferreiro e  da obra sita entre a Rúa Meis e Meaño  ante a proliferación de lixo, silveiras, e fauna indesexable  nas inmediacións de ambas?

IMG-20130205-WA0003.jpg3.- Cando vai o Concello a proceder á limpeza das silvas que invaden a acera que une o Colexio de Santomé e a Pastora, xa que os usuarios teñen que baixar á estrada para poder pasar, o que supón un perigo importante ante o caos circulatorio que se monta en horas punta?

4.-Por qué causa está abandonada a Ruta de Sendeirismo de Castrelo anunciada e vendida a bombo e platillo?

5.-Cando se vai a proceder á limpeza e posta en servizo  desta Ruta para que sexa posible o seu uso e disfrute por parte dos veciños?

IMG-20130206-WA0002.jpg
IMG-20130206-WA0001.jpg6.-A solución que se nos dixo no anterior pleno que sería “buscada polos técnicos”, para solventar os problemas de altura entre as rúas Congostra da Rianxeira e Sevilla,  é a que se levou a cabo? Entón, botar area na intersección de ambas rúas que seguen a  estar a desigual altura e causando os mesmos problemas era a solución previstaQuenes foron os técnicos ós que se lle ocorreu esta “brilante” solución?
7.-Cando se van a volver a colocar os contenedores da basura na Rúa Congostra da Rianxeira que no último pleno se dixo que ían a voltar ó seu sitio e xa van dous meses e aínda non se puxeron?

8.- Cal foi o motivo polo que estivo pechada a oficina do OMIX ata o 23 de Xaneiro?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.