Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de febrero de 2013

O ENTROIDO DE CAMBADOS. PROGRAMACIÓN, BASES DOS CONCURSOS E OUTRAS COUSAS









O entroido cambadés do 2013 arranca este sábado dia 9 de febreiro cunha festa infantil no Parque de Torrado con música, colchonetas e obradoiros de maquillaxe e globoflexia a cargo de “Fantasía Animación” a partir das 16.00h. En caso de choiva trasladarase a o Salón de Peña.


Este ano o día grande é o domingo 10 co desfile das carrozas acompañado pola charanga “Krazy Cabuxas” que partirá dende a escalinata de San Tomé a partires das 17.00h e que percorrerá as rúas de sempre é dicir dende a escalinata ata a Praza do Concello, pasando por Av. De Galicia, Praza do Concello, Av de Madrid, Praza de Fefiñáns, Av da Coruña, Ribeira de Fefiñáns e Paseo da Calzada para rematar diante do Concello donde se entregarán os premios as carrozas de 500, 400 e 300 euros para a 1ª, 2ª e 3ª clasificadas respectivamente así como gratificacións a o resto dos participantes. O humorista ISI retrasmitirá o desfile acompañado dos DJ´s de Estudio XXI.

O luns 11 no Salón de Peña as 16.30h baile infantil con premios a os disfraces nas modalidades de individual, parella e grupo. Os premios serán canxeables en establecementos comerciais de Cambados.
As 17.30h concurso de filloas na sala de degustación do Salón de Peña, con gratificación por participar e premios as máis saborosas e a quen faga a maior cantidade en 30 minutos.


O martes 12 ven coa novidade máis salientable. Este ano non se fai desfile de Carrozas segundo o Concello, para que sexa o domingo o dia no que a xente quede en Cambados e non perder o público que vai a outros lugares o martes.
Na Praza do Concello concurso de disfraces infantil e adulto con premios en individual, parella e grupo de 100, 150 e 250 euros. O humor de Pepo Suevos e a música do Dúo M30 e a charaga “Crazy Cabuxas” animarán a tarde. De chover faríase no Salón de Peña.

O mércores o enterro da Sardiña. Dende as 17.30h degustación de doces típicos do Entroido feitos pola Asoc. de Amas de Casa “Albariño” de Cambados e a partir das 19.00h lectura do sermón e despois cortexo fúnebre partirá ata a praia de San Tomé para queimar a o Ecce Homo de Borja. De todos os persoaxes que houbo neste derradeiro ano foron escoller a o máis “aséptico” de todos, pero como todos sabemos o Concello de Cambados non se caracteriza pola imparcialidade senón todo o contrario. Baste unha pequena enquisa polas rúas do noso povo para saber que calquera outro persoaxe que vos poida vir a cabeza obtería máis apoios para arder no lume purificador que o pobre Ecce Homo.

                          Pero “SOBRES” gustos non hai nada escrito.

                               Asinado: O Duque en PALMA do.


As bases dos concursos pódense consultar na Biblioteca Municipal ou pinchando aquí pois a web do Concello a donde nos remiten dende os folletos do propio Concello, no momento de escribir esto seguía en obras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.