Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de febrero de 2013

O AUDITORIO DA XUVENTUDE ACOLLE A PRESENTACIÓN DO LIBRO HOMENAXE A LUÍS F. SILVOSO


O dia da inauguración

Mañán venres 22 de febreiro, ás 20:30 horas, o Auditorio da Xuventude acollerá o acto de presentación dun libro homenaxe adicado o galerista cambadés Luís Fernández Silvoso, que foi o director da galería Borrón-4 durante 13 anos.
A idea deste libro parte de Manolo Busto, último artista en expoñer na galería antes da morte de Luís. O propio manolo Busto e a mestre Maribel Iglesias recopilaron a información do libro, proporcionada pola viúva do galerista. O xornalista Carlos Crespo foi o encargado de maquetar o material para a súa publicación.
Borrón 4 foi un fito para ducias de artistas, que atoparon nela o altofalante que necesitaban para darse a coñecer. Por ela pasaron Uxío, Lino Silva, Xaquín Chaves, Xurxo Alonso, Francisco Pazos, Xosé Manuel Castro, Saúl Otero, Manolo Busto... Grazas ao escaparate que lles brindou Silvoso no seu local e nas feiras de arte ás que acudía varios deles fixéronse un nome ou gañaron admiradores.                                                
Ata que a morte sorprendeulle a principios de outubro de 2011. Para Maribel Igrexas, que estudou a súa biografía durante os últimos meses, Silvoso "tivo unha valía profesional enorme por manter aberta unha galería de arte durante 13 anos nun pobo pequeno, e cunha oferta artística de calidade, ás veces arriscada e de vanguardia". Pero a historiadora tamén ten eloxios para a persoa. "Era alguén moi fiel cos seus amigos e os artistas, moi honesto. Unha boa persoa".                                                                               


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.