Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de febrero de 2013

MAREA CIDADÁN CONTRA OS RECORTES










  • Como hai trinta anos, estamos vivindo unha situación de golpe de estado, por máis que desta volta sexa un golpe financeiro e o estean a protagonizar políticos e altos executivos que, en nome dunha suposta austeridade, están a degradar as condicións de vida da poboación á que deberían servir. Co único afán de favorecer intereses privados e o seu lucro persoal, recortan –cando non eliminan- os servizos públicos, uns servizos públicos que son consubstanciais a un estado democrático no que a igualdade de dereitos debe prevalecer por riba de todo. Dereitos que non só deben ser recoñecidos, senón tamén garantidos.

    Educación e saúde son só dous claros exemplos desta situación que vimos de caracterizar; queren impormos unha educación elitista, selectiva, que mesmo segrega por razóns de xénero (a Xunta destina este ano 118 millóns de € a eses concertos educativos) e lingüicida, na que o galego, como língua propia de Galicia, fique destinada a un ritual institucional;e poñen a saúde en mans de empresas privadas como acontece en Pontevedra coa construción do novo hospital, mentres recortan os cartos en servizos sociais ou desmantelan a lei de dependencia; por non falar das pensións. Priorizan o lucro sobre o dereito á educación e sobre a vida das persoas. E esta situación repítese na xustiza, no transporte ou na vivenda.

    E dáse tamén unha evidente situación de corrupción medioambiental, culminada no novo proxecto de Lei de Costas que vai supor na práctica a privatización do litoral e que, entre outras cousas, contempla a prórroga das concesións en terreos de dominio público por 75 anos máis, unha prórroga que afecta á pasteira ENCE e que impediría a recuperación da Ría, da calidade de vida e da economía da comarca, que só pode vir da man da explotación racional dos recursos naturais e do turismo, un modelo económico sustentábel incompatíbel coa presenza de ENCE-ELNOSA en Lourizán e que vén sendo esixencia dunha ampla maioría social. Non podemos esquecer que existen moitos outros casos de inxustizas ambientais, como o pretendido parque eólico do Morrazo, ou o imcumplimento de sentenzas firmes como a dos recheos do Porto de Marín ou a dos pasos a nivel da praza de Praceres.



    Estamos en mans de gobernos corruptos que actúan en conivencia cos poderes económicos e que, coa escusa de reforzar a “competitividade da economía española” e reducir o paro, aumentan o grao de explotación e de precariedade da clase traballadora. Ningunha das reformas laborais levadas a cabo por PSOE ou PP foi quen de impedir a destrución do emprego, e mais semellan estar creadas para destruilo; o paro é un problema estructural da economía española, que cando as cousas van ben só crea emprego-lixo e que eleva a taxa de paro cando as cousas van mal. Nesta situación hai quen que, como as mulleres, sufre a crise dunha forma máis aguda. Resulta fundamental, frente a unha situación de expolio global, unha reacción de solidariedade, contestación e loita global.

    Non aceptamos pagar unha crise que non causamos mentres se legaliza unha escandalosa amnistía fiscal para as grandes fortunas e o diñeiro de dubidosa procedencia (narcotráfico, trata de mulleres, armas...) nin pagar unha débeda ilexítima e inxusta que serve para rescatar á banca e non para mellorar a situación da maioría da poboación; unha débeda que debera ser previamente auditada por todas e todos nós como un exercicio cívico de resistencia e de emancipación do pobo que está a sufrir a inxustiza, o saqueo e a rapiña do sistema capitalista.


    Non aceptamos que o goberno do estado e a Xunta de Galicia fagan demagoxia aproveitando o descontento coa clase política para reducir aínda máis a calidade democrática, eliminando representantes, capacidade de decisión local e silenciando minorías; nin unha lei electoral inxusta que favorece e beneficia o bipartidismo e aos
    grandes partidos, e que torna ilexítimas as accións dun goberno que, ademáis, non
    pode ter un cheque en branco durante catro anos para gobernar de costas ao pobo
    baixo a dictadura de maiorías aritméticas.


    Esiximos maior capacidade de decisión, participación e control popular; a dimisión do
    goberno e a posta en marcha dun proceso constituínte radicalmente democrático,
    previo exercicio do dereito a decidir dos pobos, que conclúa cunha nova Constitución
    baseada na democracia real, que antepoña os dereitos colectivos ao interese privado
    e que garanta de forma efectiva unha vida digna para todas as persoas.


    Non ao golpe de estado financieiro, non debemos, non pagamos.
    Pola xusticia social e ambiental.
    Pola trasparencia e democracia participativa.
    En defensa duns servicios públicos e universáis.
    Por unha auditoría cidadá da débeda, contra a débeda ilexítima.
    Polo noso futuro, polas nosas vidas.... defendamos os servizos
    públicos!

    A PRIVATIZACIÓN, TAMÉN É CORRUPCIÓN

    SÁBADO 23 DE FEBREIRO
    AS 17:30 H na PRAZA DE ESPAÑA de PONTEVEDRA

    Asinan:
    Fronte Cívico Somos Maioría Pontevedra, APDR, Asociación Amarante-Setem, Plataforma polo Aforro Público, Colectivo Encontro-Benestar Social, Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns de Marín, Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda, Esquerda Unida Pontevedra, Xuventudes Comunistas de Pontevedra, Asociación de Veciños Castelao, Cas Galicia, Masa Crítica Pontevedra, Amigos e Amigas da Cultura, Nós-Unidade Popular e 15-M Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.