Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de febrero de 2013

FALSA AMEAZA DE BOMBA NO POLÍGONO DE MEIS




Os técnicos en Desactivación de Artefactos Explosivos (TEDAX) da Garda Civil 'peitearon' a primeira hora deste luns unha nave do polígono industrial de Vilanoviña, no Concello de Meis, ante unha alerta pola presenza dunha bomba. Tras realizar as preceptivas comprobacións, concluíron que se trataba dunha falsa alarma.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia confirmou que un particular chamou ás 6.38 horas deste luns ao 112 avisando de que había unha bomba instalada nunha nave do polígono de Vilanoviña. Ao tratase dun asunto relativo á seguridade, todos os datos dos que dispoñían foron trasladasos á Garda Civil.
Segundo informou a Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, unha vez que tiveron coñecemento dos feitos, deuse aviso aos Tedax, que acudiron ao polígono, acordoaron a navena que supostamente había instalada unha bomba.
Os axentes especializados procederon a revisar o interior das instalacións para buscar o suposto explosivo. Unha vez concluída a revisión de toda a nave, a Garda Civil concluíu que se tratou dunha falsa alarma.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.