Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de febrero de 2013

O PLAN DE AFORRO ENERXÉTICO NOS PORTOS EMPEZA A DAR BOS RESULTADOS




Porto de Tragove


Os peiraos pontevedreses únense as medidas postas en marcha a nivel global para a reducción do consumo de enerxía eléctrica e dan exemplo de como facelo para conseguir unaforro medio dun 24,4% nun ano
Segundo informa Portos de Galicia, esta reducción enmárcase na primeira fase do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética. O ente público pechou o exercicio cun balance que supera nun 5% as previsións de contención do gasto en luz marcadas no plan nun 19,2% de media para os 22 peiraos da zona sur de Pontevedra, entre Carril (Vilagarcía) e A Guarda.
Os datos obtidos ao peche de 2012 revelan o éxito da medida, que se traduciu nun aforro neto de 73.047 euros no conxunto do litoral da provincia. A contención do gasto nas facturas de electricidade é especialmente reseñable en peiraos como os de Tragove (Cambados), no que se aforraron 15.785 euros, un 26,2%, na pasada anualidade, ou o de Vilanova de Arousa, que reduciu a factura en 10.238 euros, un 30,5%.
Así mesmo, destacan os datos do peirao de Pedras Negras (O Grove), cun aforro neto de 6.108 euros, o 37,1%; e de Moaña, con 3.912 euros, o 17,9%.
O Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética establece a alternancia de funcionamento das fases de luminarias durante unhas horas da madrugada, de xeito que non todos os puntos de luz estean operativos ao mesmo tempo nin funcionen cunha potencia máxima. Deste xeito, redúcese o alumeado público nas zonas portuarias de menor tránsito, como viais e explanadas, mantendo os mesmos puntos de luz nas zonas de traballo e peiraos de atraque para garantir a seguridade dos usuarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.