A CNT convoca para o vindeiro día 15 de febreiro unha xornada de acción contra o paro dentro da campaña "Que o paro non te pare!". Nesa data os sindicatos da CNT sairán á rúa e impulsarán accións pola repartición do traballo e da riqueza en todo o Estado. Por iso a CNT na comarca Arousana fará nesa data unha concentración na praza de Galicia en Vilagarcía de Arousa ás 20:30. Hoxe máis que nunca é necesario sair a rúa onde levar a loita ao marxen das institucións creadas polo sistema para afogar as loitas obreiras pola liberdade e a dignidade. Por todo isto, e sabendo que os verdadeiros cambios soamente chegarán por medio da revolución social que emancipe a clase traballadora, a CNT esixe: A redución da xornada laboral a 30 horas, sen rebaixa salarial O adianto da idade de xubilación a 55 anos A oposición frontal a todo tipo de ERE´s e despedimentos, loitando e defendendo cada posto de traballo Unha cobertura universal digna para todos os desempregad@s. |
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.