Eloína "Torquenada" Núñez |
A
gerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e Ou Barco de
Valdeorras, Eloína Núñez, emitiu unha instrución na que avisa de que
"toda resposta ás demandas informativas por parte dos medios de
comunicación, tanto locais como especializados, deben pasar polo Servizo
de Comunicación" e "contar coa debida autorización de Dirección".
Con data de 22 de xaneiro, Eloína Núñez apunta ademais que "non está permitida a realización de fotografías ou grabación de imaxes, sen autorización, por parte dos medios de comunicación ou particulares", xa sexa en centros e dispositivos asistenciales ou administrativos dependentes da Xerencia de Xestión Integrada ourensana.
A resposta dos sindicatos non se fixo agardar e foi moi clara e contundente deixando ben as claras que os delegados sindicais "teñen todo o dereito do mundo a expresar
libremente a súa opinión", xa sexa nun centro sanitario ou fóra del, "e
os traballadores tamén".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.