Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de enero de 2013

PRESENTACIÓN DO LIBRO "ESTUDIO DEL ESTADO" EN VILGARCIA E PONTEVEDRA





O sábado 2 de febreiro terá lugar en Vilagarcía de Arousa, no auditorio municipal (Avda. da Mariña S/N), ás 17:00 a conferencia Estudio del Estado con Félix Rodrigo Mora. E o domingo 3 de febreiro en Pontevedra, ás 19:00, no salón de actos do edificio de sindicatos (Rúa Pasantería 1) repetirase dita conferencia. Nela presentarase o libro do mesmo título publicado pola CNT e do que Félix é o seu autor. Incluimos unha breve descripción do contido da conferencia e unha semblanza do noso invitado. Organiza: CNT Arousa e CNT Pontevedra.

O "esquecemento" de que o Estado é o problema político, económico e social principal da nosa sociedade leva a un segundo "esquecemento", o da noción e práctica da revolución. O Estado é moitisimo máis que unha palabra de seis letras. É o exército, a policía, o aparato carcelario, os 16 ministerios, o fisco, o sistema de adoctrinamento e o capitalismo estatal. É, polo tanto, unha minoría organizada e armada para dominar e expoliar a gran maioría.

Félix Rodrigo Mora no 2010
 O Estado parlamentarista non é millor só un pouquiño distinto ao Estado fascista. En todas as suas formas é a negación da liberdade. Poñer fin a sua existencia xerando un orden político autogobernado por medio de asembleas populares soberanas é a gran tarea de recuperación da liberdade. A critica de quenes fan do Estado o remedio a todo-los males, incluido o remedio ao capitalismo, debe facerse mostrando que non hai capitalismo sen Estado e que o Estado é o primeiro sostén do capital. Decisiva é a noción de revolución: contra o Estado ata a sua total destrucción, pola liberdade, contra o capital.

Félix Rodrigo Mora


Escritor, historiador e filósofo político autodidacta. Autor de libros coma Naturaleza, ruralidad y civilización, El giro estatolátrico, O atraso político do nacionalismo autonomista galego, La democracia y el triunfo del Estado, Pensar el 15M, colaborador do periódico CNT e da revista Estudios, o periódico Diagonal, etc... Ata o 2007 formou parte do colectivo de crítica anti-industrial e anti-teconolóxica Los amigos de Ludd, e dende o 2008 centrou as suas investigacións e estudios en política, historia, tecnoloxía, universidade, ética e pedagoxía entre outros temas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.