Polémica en Vilagarcía pola traducción ao castelán da obra Os Heroes do Orzán no Concerto da Banda de Música de Vilagarcía no Concerto de fin de ano.
A peza orixinal estaba en galego pero o director decidiu interpretala en castelán para que se entendese mellor; un feito que non gustou nada á oposición que pide responsabilidades ó director da Banda e ó edil de cultura. Deste xeito, os nacionalistas cualifican este feito de inaceptable e de aberración e atentado para a nosa lingua e cultura que o PP permita e non condene esta traducción.
Mentres tanto na rúa, a poboación está dividida e algúns non lle dan tanta importancia a o asunto aínda que si recoñece que a traducción foi innecesaria posto que nesta cidade son bilingües e calquera pode entender perfectamente o castelán e o galego. O responsable da traducción, o director da Banda Suso Nogueira, asegura que actuou de boa fe e coa licencia do autor e compositor Antón Alcalde; co fin de que algunha reviravolta da lingua chegase a todos con facilidade.
| A banda no polémico concerto. |
Aínda así sabe que esta situación é desproporcionada de máis e que responde ó xogo político do que algúns grupos pretenden sacar tallada. Nogueira entoa o mea culpa e asume tódalas responsabilidades desta traducción.
Con todo Nogueira non acepta a polémica que se creou en torno a este asunto posto que xa ten traducido ó galego moitos proxectos da importancia do Quixote sen que ninguén puxese o grito no ceo por faltarlle á lingua de Cervantes. De agora en diante respectará na medida do posible a lingua orixinal para evitar suspicacias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.