A portavoz dos Socialistas de Cambados,Fátima Abal, presentará no pleno do vindeiro xoves unha moción na que urxen o arranxo da estrada PO-300. Pedirán que Concello e Deputación se poñan de acordo para evitar que se produzan accidentes como ata agora.
A estrada PO-300 de Cambados a Pontevedra, de titularidade da Deputación, convertíuse na zona de Vilariño nunha vía de circulación que xenera unha gran inseguridade vial. O gran número de vehículos que a atravesa así como o incumprimento dos conductores dos límites de velocidade fixados nesa zona, fan que os veciños de Vilariño vivan con preocupación a inseguridade vial na súa parroquia.
Dende fai varios anos, o número de siniestros nesa vía non deixou de medrar e hoxe representa unha preocupación veciñal de primeira magnitude pola inexistencia de pasos de peóns, pasos elevados ou calquera outro sistema que permita cruzar con garantías a carretera. Ademáis, moitos rapaces a utilizan para acceder ao transporte escolar e moitas persoas que, coa súa maquinaria agrícola teñen que acceder ás súas propiedades por calquera dos numerosos cruces e camiños que desembocan nese vial.
O Grupo Municipal Socialista ten sinalado en moitas oportunidades a especial gravidade e perigosidade do tramo que se corresponde co acceso á igrexa parroquial. Un acceso en curva e con moi escasa visibilidade. Unha perigosidade que se incrementa notablemente nos días de celebracións de ceremonias, enterros ou festas diversas. A pesar de ser una vía que non é de titularidade municipal, o Concello ten que ocuparse sen demora ante a Deputación e a Xunta de poñer en marcha medidas que axuden a reducir esta perigosidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.