Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de enero de 2013

NEIRA VILAS ACHÈGASE A OS SEUS LECTORES





Neira Vilas é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros de Galicia. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labreg, un dos libros máis famosos das letras galegas. A historia de Balbino, un rapaz de aldea, foi traducida a idiomas como o ruso, italiano, chino, sueco, catalán, vasco, inglés, alemán, esperanto… e ata en braille se pode ler.




Con máis de 600.000 exemplares vendidos desde a súa publicación hai 50 anos, as "Memorias dun neno labrego" serán as protagonista do encontró literario que o xoves 24 de xaneiro ás 19.00 horas Onda Cero Pontevedra organiza na Librería Cronopios co seu autor: XOSÉ NEIRA VILAS. Estades todos convidados a presenciar a entrevista que lle fará Susana Pedreira e ao remate vos tamén poderedes preguntar a Neira Vilas e transmitirlle as vosas opinións sobre a súa obra. Ademais, o señor Neira Vilas presentaranos a súa nova novela “Esperando o leiteiro”.

Nova de Onda Cero Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.