Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de septiembre de 2012

REUNION DE PACHI VAZQUEZ E SINDICATOS






Pachi Vazquez mantivo un encontro de traballo cos secretarios xerais de UGT e CC.OO. para explicarlles as propostas de emprego dos socialistas galegos.Apunta que as eleccións galegas serán “o baluarte” para frear a política de Rajoy e do PP porque “sabemos que veñen a polas pensións” e “no o imos permitir”.

O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, anunciou hoxe un investimento mínimo de 60 millóns de euros ao ano para acadar a inserción laboral de 25.000 mozos e mozas menores de 30 anos. Así o dixo logo dunha xuntanza de traballo coas delegacións de UGT e CC.OO., encabezadas polos seus secretarios xerais, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión, respectivamente.


O responsable socialista explicou que o emprego centrará as principais accións dun goberno socialista logo das eleccións autonómicas do 21 de outubro “dende o diálogo social e o compromiso cos mais desfavorecidos, que son os homes e mulleres desempregados”. Os socialistas galegos abordaron hoxe cos sindicatos as fórmulas para aplicar a nova política de inserción laboral para mozos e mozas.Explicou que este novo plan de emprego estará constituído con fondos procedentes dunha nova fiscalidade á banca, ás grandes fortunas, grandes superficies comerciais, empresas contaminantes e da loita contra a fraude fiscal. Advertiu que “non me vai tremer a man” para aplicar esta nova fiscalidade mentres o PP de Feijóo aplícalle o custe da crise “a pensionistas, parados, enfermos e estudantes”.

Actualmente hai 50.000 parados e paradas xóvenes, 25.000 deles titulados, polo que advertiu que Galicia “será un país morto” de non ser quen de ofrecer “un posto de traballo, un posto de inserción laboral ou unha axuda para contratar a un de cada dous mozos” e “cambiamos o modelo produtivo para comezar a mover a roda da economía galega”.


Pachi Vázquez criticou os datos do paro coñecidos onte, xa que, dixo, “o presidente da Xunta aínda non explicou cántos parados e paradas están agochados detrás da clave S-698” pola que os parados en formación non computan nas listas de demandantes de emprego. Lembrou que o paro medrou en Galicia un 70 por cento dende que chegou Feijóo, máis que no resto do Estado, onde medrou un 42 por cento.

O líder dos socialistas galegos dixo onte que as eleccións galegas constituirán un referéndum para as políticas de Rajoy e “o baluarte para dicirlle a España que a política de Rajoy e de Feijóo non vale” e que “non lles imos permitir meter a man na hucha das pensións”. Instou a frear en Galicia as políticas do PP porque “sabemos que veñen polas nosas pensións”.Así o dixo logo de confirmarse hoxe que Rajoy utilizou os fondos de previsións das mutuas para financiar as pensións no verán e, explicou, “leváronse 4.400 millóns de euros” dun fondo que conta cun total de 4.600. Criticou que teña optado por acudir a este fondo “en lugar de aplicar un modelo de economía produtiva”.

Pachi Vázquez advertiu que Feijóo tamén ten agochado o suposto contrato coa empresa mexicana Pemex para supostamente construír varios buques nos estaleiros galegos. Así o dixo logo de que onte o presidente do comité de empresa de Navantia en Ferrol anunciara que a petroleira mexicana contratou con Corea dous dos buques anunciados por Feijóo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.