Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de septiembre de 2012

PELOTAS DE GOMA CONTRA OS SINDICATOS E AFECTADOS POLAS PREFERENTES






O pasado sábado ao pé do castelo de Soutomaior, Rajoy e Feijóo inauguraron as respectivas xeiras para o curso político 2012-2013. O primeiro, procurando convencer os seus das 'bondades' dos 'ecuánimes' recortes aplicados e dos beneficios que reportará a España o próximo rescate. O segundo, botando contas de como tirar proveito nas eleccións do 21 de outubro dos 'éxitos' acadados na súa xestión de goberno nos últimos tres anos e medio.

Mentres tanto, a A Policía Nacional e a Garda Civil impediron o acceso ao recinto do castelo de Pedro Madruga, que é patrimonio público, a militantes das centrais sindicais alí concentradas xunto con integrantes da plataforma de afectados polas preferentes, que lles querían pedir a Rajoy e Feijóo respostas de primeira man diante de tanto desgoberno e a tanta medida inxusta.

A reforma do sistema financeiro, que acaba de aprobar o Consello de Ministros, a suba do IVE que entrou hoxe en vigor, a negativa constante ao diálogo coas forzas sociais, a caída en barrena de todos os indicadores económicos, o paro e o desamparo están exasperando a xente.



Os sindicatos lembráronlle a cúpula do PP alí reunida que o vindeiro 15 de setembro haberá unha marcha sobre Madrid que lle permitirá á cidadanía "facerse oír, aínda que non lles queiran deixar"

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.