Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de septiembre de 2012

PREMIOS ROSALIA DE CASTRO




Miren Agur Meabe

venres 28 de setembro, ás 20:00 horas, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, terá lugar o acto de entrega dos Premios Rosalía de Castro, que dende 1996, ven organizando bianualamente o Centro PEN-Galicia. Na nómina destes galardóns -únicos que ostentan o nome da nosa escritora máis universal-, destinados a honrar, dende a lingua e a literatura galegas, ás linguas e sistemas literarios da nosa veciñanza (relevantes autoras e autores en portugués, castelán, catalán e vasco) figuran, entre outros, Jose Saramago, Gonzalo Torrente Ballester, António Lobo Antunes, Manuel Vázquez Montalbán, Ricard Salvat, José Ángel Valente, Anjel Lertxundi, Ernesto Sabato, Nélida Piñón, Rubem Fonseca, Isabel Allende, Joan Perucho, Álvaro Mutis, Bernardo Atxaga, Francisco Brines, Pere Gimferrer, Carme Riera, Sophia de Mello, Felipe Juaristi, Mia Couto, Agustina Bessa Luís, Antonio Gamoneda, Itxaro Borda e Francesc Parcerisas.

O Xurado cualificador, reunido o pasado 24 de febreiro, CLXXV aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, acordou por unanimidade outorgar os devanditos premios, na súa IX edición, a:Jose Viale Moutinho (Funchal, 1941); María Esther Vázquez(Buenos Aires, 1937); Enric Casasses (Barcelona, 1951) e Miren Agur Meabe (Lekeitio, 1962). Os catro teñen prevista a súa presenza na velada literaria do 28 de setembro, presidida por Jesús Vázquez Abad (Conselleiro de Cultura, Educación e Ord. Univ), Juan Casares Long ( Reitor da USC) e Luís González Tosar (Presidente do PEN-Galicia).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.