Bueno, impasible non, que o vento tamén fai das suas. As fotos que podedes ver foron sacadas onte domingo as cinco da tarde minuto arriba minuto abaixo.
Dende as institucións platéxasenos a idea da recollida e selección das basuras pero “na casa do ferreiro, coitelo de pau”. Todo segue alí, ninguén tivo os “arrestos” suficientes de recoller eses restos. Presumir de limpeza, de beleza non é suficiente. Varios “amigos” no meu Facebook restregáronme que me queixara de que esas “obras de arte” non foran vistas na retrasmisión en directo etiquetándome nas fotos da botella e do ciclista pero esa é a verdade....non se viron. A intención do Concello é, era e será boa pero non saeu ben e temos que decilo, mal que lles pese a esos “amigos”.
Como diría o “noso” Alcalde “non me jodas” esto non é normal. Si non hai xente suficiente no Concello para limpar que contraten máis que co superávit que hai ben nos podemos permitir algún enchufado máis.
Outra cousa, que foi refrexada por medios de comunicación pouco neutrais, é o detalle de ver operarios municipais, media hora antes da saída do primeiro corredor na contrarreloxo, arranxando un pequeño erro no firme da Praza de Fefiñáns, cousa da que é culpable tamén a organización por non revisar antes eses detalles.
Agora temos un ano por diante para tentar de facelo millor na vindeira “Vuelta” si pasa polo noso pobo, total que son 150.000 € para un Concello “perita” como é o de Cambados que ten cartos suficientes para estatuas, Julios Iglesias e outras lindezas.
A esos amigos do Facebook grazas polas fotos e por demostrar que estaban no seu sitio pero que si non sairon na retrasmisión foi polo mal traballo do gabinete de prensa do Concello que non se comunicou o suficiente coa realización ou que esta non lle fixo nin caso, que tamén pode ser. Estes amigos xa fixeron o seu traballo. Grazas
Que non se preocupen que eu seguirei a o meu i eles a o seu.
Polo de agora esto foi o que nos deixou "la Vuelta"
SAUDOS


2 comentarios:
unha pregunta,¿si non sairon na tele de donde sacaches as imaxes aereas esas onde se ve a bici e a botella?
Non sei de onde as sacaron pero a min chegáronme a o facebook e como ves non teñen logotipo de ningunha televisión. Preguntei pero non recibín resposta. Seguirei ingadando.
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.