Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de septiembre de 2012

O CUSTO DOS LIBROS DE TEXTO





O sistema que a Xunta do PP implantou para sustituir o anterior do Bipartito sobre os libros de texto e cando menos inxusto. Cando o PP chegou a Xunta dixo que o novo sistema era mellor e máis ecuánime pero sen embargo atopamos lagoas bastante difíciles de entender, aínda que as veces favorecen outras perxudican.

Poñamos por caso que unha familia con dous fillos obtén o cheque de 170 euros por cada fillo, polo tanto 340 euros, con tan boa sorte que consigue que alguén lle deixe os libros para eses dous alumnos e polo tanto non gasta nin 1 euro en libros, obtén unha ganancia de 340 euros.
Pero o caso contario unha familia igual pero que teña que comprar os libros pois por que cambian os libros como ocorre cada 4 anos, con igual axuda non chegaría para pagar a totalidade dos libros. Falando dun cento de Cambados, O precio dos libros de 1º de Primaria ronda os 160 ou 200 euros, depende de onde se compren e os de 4º de primariaentre os 180 e 230 euros.

A pregunta é a seguinte....Non sería máis xusto que se pagase o que realmente se gasta en libros?..... Cecáis as axudas terían máis cobertura.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.