José Manuel Cores Tourís será "premiado" por Alberto Núñez Feijóo pola súa xestión á fronte da delegación territorial da Xunta na área de Pontevedra, cun bo posto, posto de saída, na lista do PP por esta provincia ao Parlamento Galego. Parece que o seu posto pode ser o número 7.
Cores foi un dos altos cargos da Xunta de Galicia cesados hoxe polo presidente en cumprimento da lexislación que determina a inelegibilidad de altos cargos. A destitución, xa que logo, é necesaria para incluír a Cores na lista de Pontevedra.
Xunto ao ex-alcalde de Cambados, tamén terá premio á súa xestión na candidatura do PP por Pontevedra, Nava Castro, directora xeral de Consumo e Comercio e ex-concelleira de Ponteareas. Tamén foi cesada hoxe na reunión do consello da Xunta.neste caso o posto será o 2, 3 ou 4.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.