Fai uns anos naceu como un proxecto moi ambicioso, a Festa Europea do Viño.
E tal a pouca atención que se lle presta que non se sabe en que edición estamos, e sen embargo si sabemos o número da Feira de Artesanía. O fillo comese ao pai.
Nas primeiras edicións había casetas con viños de moitas Denominacións de Orixe de Galicia e de España así coma viños de Francia, EE.UU, Italia, Chile, Arxentina, Australia e outos paises do mundo.
Dende hai uns anos esta festa veu deteriorándose de tal maneira que este ano tan so media ducia de casetas(sendo xenerosos) ocupan o espacio da festa en sí.
Houbo que engadirlle a feira de artesanía para poder ver o Paseo da Calzada máis concurrido. Entre as manualidades das ANPAS, a Protectora, encomiable a sua labor, Consellerías da Xunta e os artesáns que acuden a cita podemos sacar a conclusión de que A Festa Do Viño Europeo é nestres intres un rotundo fracaso. Querrán vendernos a moto de que foi un éxito pero agora mesmo a Festa Europea do Viño é un enfermo en fase terminal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.