Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de agosto de 2012

NO MEU NOME NON QUERO QUE......................






No meu nome non quero que se poñan estatuas a persoas relacionadas co réxime fascista de Franco coa desculpa de que fixeron algo polo noso povo pois coma dirixentes políticos estaban obrigados a buscar o ben do povo e fixeron o que se lles atribúe coma políticos e non de forma desinteresada.

No meu nome non quero que se fagan Xantares (do Albariño ou da Vieira) para maior gloria de determinado partido político en vez de gastar eses cartos en beneficio do noso povo.

No meu nome non quero que se fagan superconcertos para encher os hoteis de Cambados nunhas datas nas que non hai necesidade pois xa a Festa en sí enche hoteis e máis que houbera.


No meu nome non quero macrobotellóns que o único que fan e desprestixiar unha Festa das máis importantes de España.

No meu nome non quero festas no que o máis importante sexa a cantidade de botellas que se beberon ou a xente que nos visitou.


No meu nome sí quero homenaxes a xente que o merece (Castroviejo ou Cunqueiro) pola sua labor na Festa ou a sua implicación co povo ( Dolores del Valle “a Francesa”).

No meu nome quero festas para todos nas que todos podamos sentilas coma nosas e poder participar sen recluir os actos a lugares de pouca ou restrinxida capacidade (ejem.nomeamento de Cabaleiros e Damas).

No meu nome quero festas que sexan unha oportunidade de negocio para viticultores e adegueiros para que o sector do viño siga crecendo.

Por todo isto pido a creación dun Padroado ou unha Fundación que organice a Festa do Albariño na que estean representados todos. Consello Regulador, Capítulo Serenísimo do Albariño, comerciantes e hosteleiros, Concello (todos os grupos políticos) e incluso algunha asociación.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.