
A estatua de Manuel Fraga xa foi trasladada para os xardíns interiores do Pazo de Torrado na mañán de hoxe mércores.
Despois de dous dias nun emplazamento máis visible nestes intres xa está nun lugar máis agochado. Entre algunhas das persoas que foron hoxe a “visitar” a figura xurdía unha pregunta: Porque a esconden?.
Decía unha devota de "don Manuel" que alguén que espertara a Cambados do seu letargo tiña que ter un lugar de honra no povo, a o que eu respostei que era algo co que moita xente do noso povo, e de fora tamén, non estábamos dacordo. Era algo que debía contar co consenso do povo, como por exemplo si contaría unha escultura de Alvaro Cunqueiro, por exemplo ou a outros valedores da Festa.
A muller cega de paixón por "don Manuel" non paraba en eloxios a escultura. Recomendeille que mirara fotos do "sr. Fraga" i emplaceina a que me ensinara algunha donde tivera a figura que luce na estatua. A sua resposta deixoume atónito, Fraga era moi guapo. E tiña un gran porte. Eu de Fraga o recordo máis antgo que teño o célebre baño en Palomares, e dende logo alto era pero a barriga xa a tiña naquela época. Os pantalóns nunca llos vin tan ben postos como na escultura pero debe ser a devoción por tal personaxe que todo é moi bonito e fantástico. Eso si reparou conmigo no corto da capa de Cabaleiro, a o que eu respostei que sería para aforrar uns euros en bronce.
O malo de todo esto é que Cambados está cheo de devotos e fieis adoradores do "sr.Fraga".

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.