Dous enólogos de Cambados, un de nacemento e outro de adopción, son os triunfadores nas medallas de ouro da Festa do Albariño dende o 2008. Jorge Hervella nado en Ribadavia e Cayetano Otero da Modia (Cambados) levan colleitados os primeiros premios con varias adegas.
Jorge Hervella venceu no 2008 e 2010 con Señorío de Rubiós e no 2012 con Gundián, Cayetano Otero consigueuno con Lagar da Costa no 2009 e o pasado ano con Pazo da Bouciña ademáis dun segundo con Esencia Divina e un terceiro con Lagar da Costa no 2012. Jorge Hervella conseguira con anterioridade un primeiro con Condes de Albarei no 1998, no 2003 con As Laxas e o bronce con Señorío de Rubiós no 2009.
Ademáis destas distincións contan con numerosos premios coma un Baco de Oro no 2004 ou medallas de ouro nos prestixiosos certames de Burdeos e Bruxelas. Hai que engadir varios acios de ouro na cata dos viños de Galicia ou tamén o International Wine Challenge de Jorge Hervella.
Jorge traballa para bodegas de diferentes denominacións de orixe. A maioría son Rias Baixas pero tamén do Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei ou viño de mesa nunha adega de Moaña. Ten o seu despacho na rua Hospital de Cambados. Cayetano ten o seu en Dena coa sua socia Patricia Presas e leva adegas Rias Baixas, Monterrei e unha nas Illas Canarias(Lanzarote). Polo tanto moitos kilómetros nas suas costas, recorrendo Galiza e fora da nosa Comunidade.
Resumo dun artigo do Faro de Vigo


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.