Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de agosto de 2012

TELMO MARTÍN FAI AS COMPRAS MAL E PAGA O CONCELLO DE SANXENXO






Corría o ano 2000 cando a Xunta, entón dirixida polo popular Manuel Fraga, impoñía unha multa de 141,6 millóns de pesetas, uns 850.000 euros, á empresa Davila Lago. A construtora tiña a concesión do Porto Deportivo de Sanxenxo, e na execución dun novo peirao excedeuse en cen metros con respecto ó autorizado no proxecto. Este exceso foi o motivo da multa.


Dous anos despois, o concello, a través da sociedade Nauta Sanxenxo, adquiría as instalacións portuarias. Unha compra que se formalizou por catro millóns e medio de euros. Pero coa operación, o concello non só se facía co Porto Deportivo, senón tamén coas cargas legais que arrastraba. E eran conscientes. Dous meses antes de asinarse a compra, Portos de Galicia alertou de que se o negocio se facía firme, o concello, liderado naquel intre por Telmo Martín, tería que responsablizarse tamén da sanción. O caso é que a operación se pechou, e dous meses despois da venda, Davila Lago deixou o pleito que iniciara contra a sanción da Xunta.



Desde ese momento, a multa pasou a ser carga de Nauta Sanxenxo, e tras pasar pola deliberación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que daba a razón á Xunta, o Supremo vén de ratificar agora este ditame, fancendo firme a obriga da sociedade de abonar os 851.000 euros de sanción.

Desde Nauta Sanxenxo informan de que xa está a estudar a fórmula idónea para facer efectivo este pago. Aseguran que en previsión de que puidera ocorrer, no seu momento se creou un fondo de reservas voluntario cos beneficios derivados da xestión da lámina de auga, os locais comerciais e o aparcamento. A un de xaneiro do ano pasado eses fondos superaban os oitocentos mil euros. Mentres, o executivo local confirma que mantén conversas con Portos de Galicia para que a opción de pago sexa a menos lesiva para os intereses da sociedade, posto que se trata, disque, da única empresa do concello que dá beneficios.

Obra multada e perdoada hai uns meses
En consecuencia.......non debería pagar do seu peto T. Martín e compañeiros no grupo de Governo a multa posto que se comprou a empresa a sabendas da multa que arrastraba?

A saber cantos amiguetes colocou na empresa.

Hai poucos meses  a Xunta perdooulle a T. Martín unha multa de 3.000.000 de euros por unha obra da sua empresa Construcuatro no Paseo de Silgar.



       QUE SORTE TEN TELMO MARTÍN

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.