Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
7 de agosto de 2012
A O PARQUE DE TORRADO SÁELLE UN GRANO NO CU
Fai un dias falábamos do Pazo de Torrado e o abandono que sufría. Agora e tralo acontecido onte xa podemos confirmar que no Parque de Torrado hai “barra libre” para facer o que lle peta a cada cal. Decíamos que tiñan que prohibir o paso de cans, prohibir fumar dentro do recinto, colgarse das árbores, tirar basura no chan,.... etc etc. A partires de agora todo está permitido todo.... todo...
O Alcalde da paso a todo esto tras colocar, eso si de forma provisoria, un novo elemento decorativo, invitando a o macrobotellón, coa sua copa e a sua capa. Ese grano no cu, cun custo de máis de 15.000 €uros non é outra que a tan criticada estatua de Manuel Fraga. Nocturnidade, aínda que fose de dia, premeditación e alevosía pódenselle imputar a os que perpetraron tal crimen contra o bo gusto.
Hai uns dias que decíamos que non estaba prevista a inauguración da estatua durante estas festas según informaban dende o propio Concello. Tamén advertíamos que aínda que esas fontes eran de fiar sospeitábamos que era un engano para calmar os ánimos e deixar que protestas como as acontecidas o pasado mércores dia 1 de agosto volvesen a producirse e moito menos durante o Xantar do Albariño evitando así que os actos de convención ppepera mudasen de baño de masas a aluvión de críticas.
Unha cousa que hai que decirlle ao autor, moi bo por certo, que a escultura pasou polo quirófano. Unha liposucción e un antienrrugas devólvenos a o Fraga do 79 máis ou menos.
Pois eso, a partires de agora o Parque de Torrado queda declarado ..................................... ZONA LIBRE.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.