Preto dun milleiro de persoas entre A Coruña, Ferrol e Vigo concentrouse este venres para responder á convocatoria realizada polo tres sindicatos principais de Galicia, CIG, CC.OO. e UXT en contra dos recortes do Goberno central.
Na Coruña déronse cita unhas 300 persoas ante a Delegación do Goberno en Galicia, cunha pancarta coa lema 'Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen'.
A mobilización contou coa presenza do secretario xeral de CC.OO, Ignacio Fernandez Toxo; o seu homólogo en Galicia, Xose Manuel Sánchez Aguión; e os secretarios comarcais de UXT e CIG na Coruña, José Carrillo e Paulo Carril.
Na protesta, Toxo volveu a reclamar a convocatoria dun referendo sobre os recortes por parte do Goberno e non descartou unha folga xeral. "Todos os escenarios están abertos", sentenciou o dirixente de CC.OO.
Pola súa banda, o secretario comarcal da CIG cualificou de saqueo "ao pobo" as medidas do Goberno e recalcou que "case a metade dos parados en Galicia están sen prestación". Mentres, o o seu homólogo de UXT avanzou que as mobilizacións continuarán o vindeiro venres, cunha nova concentración, e en setembro, entre elas unha marcha a Madrid.
Pola súa banda, en Vigo concentráronse máis de 200 persoas fronte o edificio administrativo do Gobienro galego na cidade olívica para mostrar o seu rexeitamento ás últimas decisións do Executivo central.
O secretario comarcal da CIG, Serafín Otero, manifestou a súa "total indignación" e alertou de que tanto a administración autonómica como estatal teñen previsto realizar novos "recortes de persoal" en Educación e en administración xeral ao longo do verán. Otero advertiu de que estas medidas prexudicarán ao persoal interino pero non descartou que tamén poidan afectar os traballadores fixos.
Por todo iso, remarcou a necesidade de seguir "dando contido" ao calendario de mobilizacións previsto polos sindicatos e confiou en que fragüe a convocatoria dunha "gran folga xeral" no mes de setembro. A este respecto, sinalou que as diferentes organizacións sindicais españolas reuniranse o próximo 29 de agosto para concretar datas e achegar posturas.
Ademais, preto de 200 persoas secundaron a mobilización que en Ferrol estivo convocada sindicatos UXT, CC.OO., UXT e USTG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.