Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de agosto de 2012

LA VIDA TE DA SORPRESAS, SORPRESAS TE DA LA VIDA........





Como di a canción “la vida te da sorpresas, sorpresas te da la vida.......”

A sorpresa, bueno unha delas a outra foi o asunto da estatua, douna o Presidente da Xunta Núñez Feijóo no Patio de armas do Pazo de Fefiñáns cando desvelou que a Xunta vai declarar Ben de Interese Cultural o Pazo e a sua contorna; “...imos coidar en consecuencia esta contorna, esta arquitectura, esta paisaxe, i estes edificiosque forman parte da historia de Galicia. Imos coidalos e protexelos” dixo o presidente tras nomear os novos Cabaleiros e novas damas.
Esta foi a única promesa que fixo Núñez Feijóo durante a Festa do Albariño, unha festa que destaca pola cantidade de altos cargos da Xunta que acoden a ela e que sempre son un viveiro de promesas.


Pero o que chama a atención é que dende hai anos a oposición cambadesa e os cambadeses veñen pedindo a conversión da Praza de Fefiñáns en peonil para protexela do paso de coches e camións e o Governo local do PP rexeitando unha e outra vez tal proposta. Sería Luis Aragunde sabedor de tal proposta? Habería que recordarlle esa e outras máis que son feitas pola oposición e que cecais non sexan malas so polo feito de que non as fan eles (“os nosos”).



Pois ahi van duas propostas que anteriormente fixo a oposición e aínda non se fixeron ou das que se apropiou o PP. 
 A primeira e a homenaxe aprobado polo pleno a Dolores del Valle Bechade a “francesa” e que aínda non se fixo. No caso da estatua de Fraga as cousas fixéronse cunha celeridade que chama a atención pero con unha muller que tanto dou e fixo polo povo de Cambados non moveron nin un dedo. A outra é máis recente. Domingo Tabuyo líder do PSOE cambadés naquel momento pedía que se fixeran os trámites necesarios para facer que a Festa do Albariño fose declarada de interese internacional. O Alcalde pouco menos que chamou iluso, fantasioso a Tabuyo pola proposta, aparte de rexeitala. Pois ven dous anos despois daquelo Luis Aragunde e compañía inician os trámites para conquerir ese prestixioso título.
Cecais dentro dun par de anos non se celebre o Xantar por iniciativa do PP, a pesares de ser pedido por veciños e oposición.

La vida te da sorpresas, sorpresas te da la vida............

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.