Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de agosto de 2012

AS CIFRAS DA ALCALDÍA NON CONCORDAN CO SENTIR DO POVO





Despois de ler nos xornais do resumo que fai a Alcaldía da Festa do Albariño,
non queda máis remedio que poñer reparos as estimacións feitas dende o Concello.

Dise dende o Concello que se venderon 85.000 botellas de viño nos estands, dende logo son moi rápidos cando se trata de facer estimacións si estas son positivas. Despois de falar con varios persoas que estiveron ao frente dalgúnha das casetas comentaron que agardaban un gran descenso nas ventas pero que este descenso foi menor do agardado. Falar de 85.000 parece demasiado positivo.


En canto ao número de visitantes parece que o Alcalde e informadores non pasaron moito tempopolo Paseo da Calzada. Pasar por alí non supoñía unha dificultade coma en anos anteriores. Chegar dende Fefiñáns ata o Concello pasando pola Calzada non levaba o tempo que levaba o ano pasado ou en anteriores edicións. Polo tanto podemos asegurar un descenso no número de visitantes. Eso si o clima axudou e moito. O tempo inestable facía que polas tardes as casetas non estiveran valeiras. Cecais por ahí aguantouse o tirón.


En canto ao tráfico rodado indicar que quen realmente o pasa mal son os veciños que ven como teñen que dar mil voltas para achegarse as suas casas.
Do que non se fai reconto son as botellas de licor que se consumen durante os dias da Festa. Este ano quen se achegara ata os concertos de Fefiñáns podía constatar un aumento do consumo de alcohol por parte da xuventude e non precisamente albariño. Si outros anos a chavalada ia aos concertos armados con botellas de alcohol e refrescos máis o xeo, nun número bastante grande este ano dobrábase a cantidade practicamente. Salientar que na zona do Paseo marítimo dende o piorno ata as vieiras contabilizábanse botellas de viño sin etiquetar e todo tipo de licores.



En canto a altercados cabe destacar que na información do Concello non se destacan incidencias importantes. Ou a Policía Local non informa ou dende a Alcaldía minten pois si que houbo pelexas, comas etílicos,  feridas por caídas, algunhas vistas polos meus ollos, e outos incidentes nos que tiveron que tomar parte as forzas de seguridade. Na tarde do mércores un hosteleiro de Fefiñáns chamou a Policía Local por unha rifa cuns clientes nada amistosa, o sábado 
roubos varios (carteiras, tfnos móviles, cámaras etc etc) ou coma doce membros das forzas de seguridade(garda civil e policía local) foron dende Fefiñáns ata a Calzada a todo correr, supoñemos que para facer cumprir a ley e non nunha carreira popular.

A que si foi grande(demasiado) a persenza de cargos do PP invitados, pero moi pequena as invitacións a os grupos da oposición do noso Concello. Coma sempre queren apoderarse da festa.


Así pois temos  a nosa lectura algo diferente a nota oficial pero creemos máis cercana a realidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.