Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de agosto de 2012

FEIRA DE OPORTUNIDADES EN CAMBADOS




'Hai cabida para todos pero isto é meterse no territorio do outro'

Deste xeito reaccionou o Presidente de Zona Centro despois de que os comerciantes de Vilagarcía e Vilanova anunciasen en Cambados as súa Feiras.

Unha intromisión no seu territorio cando hai cabida para todos. Así valorou o Presidente de Cambados Zona Centro o feito de que os comerciantes de Vilagarcía e Vilanova anunciasen en Cambados, a través de carteis, as súas respectivas Feiras de Oportunidades. Marcos César González entende que aínda que é preciso xuntar esforzos, neste caso foi un erro.

O Presidente de Zona Centro facía estas declaracións durante a presentación da Feira de Oportunidades de Cambados que se celebrará os días 17,18 e 19 no Paseo da Calzada. Amais de calzado, moda xoven, complementos ou decoración, a novidade estará en que entre os artigos expostos haberá peletería e lencería. Participarán 38 expositores nun total de 52 stands. Desde a Asociación confían en que esta edición vai ser todo un éxito.
O alcalde pola súa banda, asegurou que este tipo de iniciativas son todo vantaxes: para os veciños porque poden adquirir produtos a bo prezo e para os comerciantes porque lles permite dar saída ós seus stocks.
Desde a organización agardan que unhas trinta mil persoas asistan a esta Feira de Oportunidades. A inauguración será o venres 17 á unha e media da tarde.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.